IGUALDADE PARA O DESENVOLVEMENTO. SE A MULLER AVANZA O MUNDO TAMÉN
Beneficiarios
Alumnado de centros de ensino secundario, bacharelato e universidades.
Mulleres usuarias dos Centros da Muller, xornalistas dos medios locais, autonómicos e nacionais, socios de Intered Galicia, membros de ONGD´s galegas, membros da Asociación de Mulleres de Galicia e voluntariado do Plan de Voluntariado de Galicia 2006-2010.
Obxectivos
- Favorecer entre nenas e nenos, mozas e mozos e persoas adultas unha actitude solidaria ante as desigualdades que soportan as mulleres no mundo . Deste xeito preténdese contribuír á sensibilización e educación das mulleres e homes de xeito que se cuestionen os papeis tradicionalmente asignados a ambos sexos.
-Fomentar a actitude crítica ante o silencio existente sobre o traballo, a voz e a iniciativa das mulleres dos países do Sur, destacando o papel que desempeñan na loita contra a pobreza e na promoción do desenvolvemento económico, da paz, da defensa dos dereitos humanos, da seguridade alimentaria... de xeito que se escoite a súa voz e se visibilicen os seus esforzos, escurecidos pola súa consideración como cidadáns de segunda categoría.
Accións
1.Exposición fotográfica “Igualdade para o Desenvolvemento. Se a muller avanza o mundo tamén”.
2. Elaboración e difusión dun xornal informativo “Noticias igualdade para desenvolvemento . Se a muller avanza o mundo tamén”.
3. Elaboración e edición de exemplares da obra de teatro “O soño de Paula” xunto coas súas guías didácticas
4. Organización de conferencias foros e un seminario permanente de formación
15.000 euros