Proyectos

IMPULSAR PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN SOCIAL E EDUCATIVA A TRAVÉS DE PROPOSTAS EDUCATIVAS COMUNITARIAS PARTICIPATIVAS E INNOVADORAS, MEDIANTE A CONSOLIDACIÓN DUN ESPAZO RADIOFÓNICO ALTERNATIVO

Contribuír a mellorar a calidade da educación integral desde un enfoque innovador e participativo para promover e impulsar un maior compromiso da cidadanía na zona sur de Cochabamba

Año: 
2008
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Proyectos en el exterior ONGD
Región: 
América del Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Cochabamba (cidade)
Cochabamba (departamento)
Agentes: 
INTERED GALICIA
Contraparte: 

Asociación Amistad y Ciencia

Código CRS: 
11110 - Política educativa y gestión administrativa
Objetivos: 

Impulsar procesos de transformación social e educativa a través de propostas educativas comunitarias participativas e innovadoras, e mediante a consolidación dun espazo radiofónico alternativo, para alcanzar o Sumaj Kawsay (Vida plena) de nenas e nenos, mozas e mozos, e persoas adultas e en consecuencia da comunidade  

Resultados y actividades: 

- Seguimento por parte do Cepja dos obxectivos acordados a través de encontros co persoal docente, administrativo e Xuntas escolares.
-Elaborarase no seguimento continuo a recollida de información do proceso e publicarase a sistematización da experiencia.
-Unha pasantía da persoa responsable da área comunitaria para fortalecer o traballo de creación da rede.
-Planificación participativa e realización de 3 talleres de formación e actualización docente. Planificación de 3 encontros de Formación Familiar Comunitaria.
-Actividades dirixidas a nenas e nenos, e a mozas e mozos.
- Realización de 6 talleres de liderado: 2 para profesoras e profesores, 2 para nais e pais e 2 para nenas e nenos e para mozas e mozos (Talleres de formación sobre: Microempresas en Gastronomía. Contabilidade. Relacións Humanas. Formación cidadá. Cultura Boliviana. Formación de lideresas e líderes)
- Actividades realizadas dirixidas ás persoas adultas maiores
- 2ª parte do Programa “Eu se Podo", alfabetización de adultos.
- Talleres de Coidado Persoal, Dereitos Humanos, autoestima
- Preparación do plan estratéxico, de intervención e de sustentabilidade da radio. Coordinación e Xestión da programación radial participativa. Organización de eventos e elaboración de materiais de difusión das actividades realizadas e materiais educativos; boletín, revista. Actualización semanal da páxina web con contidos educativos.
-Identificar unha radio local en Galicia con compoñente educativo e con relación con colectivos de poboación inmigrante boliviana
-Emisión semanal dun Programa educativo de Intercambio entre a radio do Cepja e unha radio local galega

Población beneficiaria: 

Directa: 2.040 (110 nenas e nenos maiores de 5 anos, que asisten aos 15 centros educativos do barrio: CESFA, San Joaquín, República do Perú, Ismael Vázquez, Estados Unidos, Honorato Salazar, Potosí, Sacra familia, Rafael Pavon. Felix Carpiles, Mariscal Santa Cruz, Emilio Quiroga. 900 Mozas e mozos do barrio, escolarizados ou non, con carencias educativas ou sen ocupación estable. 850 mulleres e 745 homes, adultos.
180 mestras e mestres en exercicio nos centros educativos do barrio
Indirecta: 3.200 (as familias das nenas e nenos, mozas e mozos e persoas adultas que asisten regularmente ao CEPJA: aproximadamente, 800 familias. A poboación do distrito 5)

Ayudas: 

116035