Proyectos

INFRAESTRUTURA PARA A UNIDADE EDUCATIVA TIMOTEO RONDALES E CREACIÓN DA UNIDADE DE FORMACIÓN TÉCNICA EN CULTURA E TURISMO PARA A COMUNIDADE DE BERMEJO

Infraestrutura centro de formación técnica. Establecemento curricular

Año: 
2008
Instrumento de financiación: 
Convenio
Región: 
América del Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Bermejo (municipio)
Florida (provincia)
Santa Cruz (departamento)
Agentes: 
HORONABLE MUNICIPALIDAD DE SAMAIPATA (SANTA CRUZ)
Código CRS: 
11120 - Servicios e instalaciones educativas y formación
Objetivos: 

Promover o desenvolvemento social, económico e cultural da poboación de Bermejo, tomando a educación coma base fundamental a través de propostas de innovación pedagóxica, dotación de infraestrutura e implementación da educación técnica en cultura e turismo para a mellora na calidade de vida dos poboadores da rexión e a apropiada xestión dos seus patrimonios naturais e culturais.

Resultados y actividades: 

1. Estudio de tipo de solo e estudio estrutural, hidrosanitario e pluvial. Deseño e estudio eléctrico.
2. Instalación de faenas, demolición de estrutura existente e limpeza de terreo. Nivelación, planificación e trazado. Movemento de terra.
3. Estrutura de formigón. Muros de adobe e outros. Cubertas  de tella colonial cerámica e outros cerramentos
4. Revoques de muros. Ceos rasos. Contrapisos e pisos. Carpintería. Revestimento de muros. Pintura e vernizado. Paisaxismo e exteriores.
5. Instalación eléctrica. Instalación hidrosanitaria e desagüe pluvial.
6. Debate na comunidade educativa de Bermejo sobre o novo modelo pedagóxico.
7. Talleres de formación previos á redacción do proxecto educativo e plan curricular.
8. Incorporación ao proxecto educativo da UE Timoteo Rondales dun programa de igualdade de xénero, educación ambiental, educación para o desenvolvemento e a solidariedade e educación para a saúde.
9. Redacción e aprobación consensuada do proxecto educativo e plan curricular da UE Timoteo Rondales.
10. Planificación docente, seguimento e avaliación do proxecto educativo e plan curricular.
11. Talleres participativos e encontros comunitarios para o diagnóstico sociolóxico e antropolóxico, modelo ocupacional, identificación de áreas de formación, definición profesional e deseño de competencias e perfiles académicos e profesionais para a escola técnica.
12. Deseño do perfil académico da escola técnica de Bermejo
13. Validación do perfil pola comunidade. Aprobación polo Ministerio de Educación e Culturas. Campaña publicitaria.
14. Intercambios de cartas entre alumnado de Viana do Bolo e Bermejo. A xanela de Bermejo. Información á comunidade do IES Carlos Casares da marcha do proxecto. ¿Viaxamos a Bolivia?
15. Actividades co alumnado. Actividades co profesorado. Difusión á comunidade galega e boliviana.

Población beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: Escolares, actuais e futuros, de primaria e secundaria de Bermejo, e os interesados en realizar os estudios técnicos en turismo e cultura doutras localidades.
Poboación beneficiaria indirecta: Toda a poboación de Bermejo.

Ayudas: 

105.000,00 Euros