MONTAXE E OPERACIÓN DO MÓDULO DE ADAPTACIÓN DO HÍBRIDO PLATEADO "TILAPIA"(OREOCHROMIS,SPP) AO AMBIENTE SALINO, PARA A DIVERSIFICACIÓN DA ACUICULTURA NA BAHÍA DE JIQUILISCO. O SALVADOR
OBXECTIVOS
Por medio da montaxe e operación do módulo demostrativo para adaptación do híbrido prateado de “tilapia" (Oreochromis spp.) ao ambiente salino, preténdese contribuir á diversificación da produción de acuicultura na zona do baixo Lempa e bahía da Jiquilisco no Salvador, que tradicionalmente baseouse no cultivo do “langostino branco" (Litopenaeus vannamei). Montaxe dun módulo de 20 metros cúbicos para a adaptación ao medio salino de 5.250 alevíns do híbrido prateado “tilapia". Capacitación de un mínimo de 22 acuicultores da zona da bahía de Jiquilisco e de 16 a 20 estudantes de pregrao da Escola de Biología da Universidade de O Salvador no manexo do módulo de adaptación de híbrido.
ACCIÓNS
• Adecuación da galera ou galpón que albergará ao módulo de adaptación
• Adquisición de equipos e materiais para montar e operar o módulo de adaptación
• Instalación de distemas de abastecemento de auga, aire compromido e eléctrico ao módulo de adaptibilidade ao medio salino
• Posta a proba de todos os sistemas do módulo
• Adquisición e transporte do alevíns do híbrido
• Capacitación de 22 acuicultores mariños da bahía de Jiquilisco e de 16 a 20 estudantes
• Distribución do alevíns adaptados ao medio salino para granxas de langostino que implementarán o cultivo asociado “langostino branco-híbrido prateado de “tilapia"
• Elaboración da memoria do proxecto con datos de: supervivencia, crecemento na talla, peso e a conversión alimenticia dos alevíns durante o proceso de adaptación ao medio salino, có respectivo análise de costos
• Avaliación in situ do proxecto durante a fase final da execución
POBOACIÓN BENEFICIARIA
• Directas: Os sete grupos cooperativos (87 asociados e as familias de cada un)
• Indirectas: O Instituto de Ciencias do Mar e Limnoloxía da Universidade de O Salvador e a súa equipa humana constituída actualmente por 7 académicos. Estudantado da Licenciatura en Bioloxía (16-20 persoas)
31.020,59 EUROS