Proyectos

PROGRAMA DE MELLORA DO ACCESO E CALIDADE EDUCATIVA NO MUNICIPIO DE BENGUELA. ANGOLA

Fortalecemento do sistema educativo na provincia de Benguela a través de (i) a mellora no acceso ao sistema educativo de mozos e adultos con dimensión de xénero a través do apoio salarial a docentes e alfabetizadores, da construción dun módulo de escola, unha biblioteca e un módulo administrativo, así como (ii) mellorar a calidade educativa do municipio de Benguela a través do equipamento das aulas, do subministro de materiais didácticos e de actividades de promoción da cultura, o deporte e as actividades extraescolares, procurando en todos os casos ofrecer espazos de coñecemento, educación e de promoción das relacións sociais, sendo a biblioteca un lugar inédito no municipio de Benguela e cuxa dinamización contribuirá de maneira moi importante ao desenvolvemento da calidade do ensino.

Año: 
2008
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Programas Exterior
Región: 
África
País: 
ANGOLA
Zona de actuación: 
Benguela (provincia)
Agentes: 
JÓVENES Y DESARROLLO (ANTES JÓVENES DEL TERCER MUNDO)
Contraparte: 

SALESIANOS DE DOM BOSCO-ANGOLA

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
Objetivos: 

Obxectivo xeral: Mellorar o acceso e a calidade educativa da poboación de Benguela.
Obxectivos específicos:
OE1: Aumentar os niveis de escolarización para a educación formal de primaria e secundaria, incrementando as taxas de alfabetización e a capacidade de acceso ao sistema educativo en Benguela, de maneira auto sostible.
OE2: Mellorar a calidade académica da escola a través do equipamento das aulas e biblioteca, do subministro de materiais didácticos, así como do aumento da oferta de actividades extraescolares e deportivas.

Resultados y actividades: 

Obxectivo específico 1
1. Obtención de tres ofertas de obra, para a contratación dun arquitecto e unha empresa que fagan os servizos de deseño, construción e fiscalización do proxecto dos dous módulos da escola na provincia de Benguela.
2. Obtención dos permisos de obra necesarios para a construción do módulo de escola, da biblioteca e do módulo administrativo unha vez obtidos todos os documentos técnicos subministrados polo arquitecto.
3. Unha vez comezada a obra, seguimentos semanais da mesma para o cálculo dos tempos de execución, dos materiais necesarios e para a comprobación do bo devir da mesma.
4. Programación técnica dos cursos de alfabetización e busca de localización dos mesmos nas instalacións dispoñibles, mentres continua o proceso de construción das futuras aulas construídas para este efecto.
5. Selección e contratación de alfabetizadores para cubrir as necesidades  observadas no municipio de Benguela.
6. Iniciar os trámites de homologación dos novos cursos e de encadramento do novo profesorado na delegación do Ministerio de Educación de Benguela.
7. Proceso de selección de profesores e profesoras, a través de entrevistas persoais e probas orais e escritas, para as novas aulas e os novos cursos que se impartirán nos espazos recentemente habilitados do primeiro módulo construído.
8. Supervisar a evolución da obra e da construción da biblioteca e acabar cos últimos detalles antes de que o módulo de escola de educación formal de Benguela estea preparado para o seu uso.
9. Continúan os procesos de alfabetización comezados o ano anterior facendo fincapé nos procesos de post-alfabetización para preparar a mozos e adultos para os procesos previos á formación ocupacional.
10. Continúa o proceso de selección de persoal a través de entrevistas orais e escritas para cubrir os postos de docentes para todos os cursos ata completar a oferta e adapta-la a todos os anos escolares que establece a lei.
Obxectivo específico 2
1. Levar a cabo unha planificación de necesidades para poder seleccionar alumnos, profesores e materiais para o desenvolvemento de a lo menos unha clase de música de tres roldas e outra de informática.
2. Selección de equipamento necesario para o bo desenvolvemento das actividades extraescolares planificadas que para o primeiro ano poderían ser informática e música.
3. Levar a cabo a selección dos tres dinamizadores socio-deportivos, así como do material deportivo necesario para dar comezo á escola.
4. Selección de equipamento necesario para o bo desenvolvemento das actividades extraescolares planificadas, que para o segundo ano ás aulas de informática e música se suma os idiomas.
5. Levarase a cabo unha planificación estratéxica da escola deportiva e se comezará coa actividade dalgún socio entre os principais clubs deportivos europeos.
6. Terase fabricado o novo equipamento para as novas 7 aulas do novo módulo de escola: kit de pupitres, cadeiras, encerados, mesas, estantes e armarios, contando coa colaboración do Centro de Formación Profesional.
7. Terase deseñado o novo equipamento necesario para equipar a biblioteca: kit de pupitres, cadeiras, encerados, mesas, estantes e armarios, contando coa colaboración do Centro de Formación Profesional.
8. Teranse seleccionado os alumnos e alumnas obxecto de apoio escolar ou bolsa de materiais, así como os materiais didácticos a entregar para todos eles.
9. Teranse seleccionado os materiais didácticos, libros e demais equipamentos necesarios para equipar a biblioteca ata chegar aos dez mil exemplares.

Población beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: Os principais beneficiados directos son os propios alumnos e alumnas do Centro Educativo Dom Bosco que fundamentalmente son fillos e fillas de pescadores artesanais que se localizan nos arredores do barrio de Nosa Señora dos Navegantes e de vendedoras ambulantes, de peixe ou de calquera outro produto, que estruturan a súa vida en torno ao mercado. Todos eles colectivos de poboación de risco e de moi baixos ingresos, que apenas poden asumir os gastos de matriculación e de material escolar. As novas aulas acollerán a nenos e nenas e adolescentes de entre 6 e 18 anos en roldas de mañá, tarde e noite. O total de alumnos beneficiados do complexo educativo será de 2.000 alumnos.
Ademais, serán beneficiarios directos os profesores e profesoras que encontren un novo traballo, así como tamén o persoal novo que se contrate, profesionais, expertos e persoal de servizo para as novas infraestruturas. Ambos, en calquera caso, verán como a súa motivación polo traballo e as súa aspiracións persoais aumentan, á vez que a posibilidade de estar actualizando a súa formación e influíndo directamente sobre o desenvolvemento das capacidades do grupo de docentes e profesionais vinculados ao servizo educativo.
Poboación beneficiaria indirecta: De forma indirecta, considéranse beneficiadas as propias familias (pais, nais, titores) coa opción que se lles da de participar na planificación e organización do centro e nas actividades extraescolares, culturais, asociativas, deportivas, que se organizan, así como en reunións periódicas cos directores e titores. Tamén hai que considerar o tempo e as cargas que liberan ás nais que os seus fillos e fillas vaian á escola, o que fai que gañen en tempo libre e, en moitos dos casos, se interesen pola educación e  ou se incorporen ao sistema ou se introduzan nos cursos de alfabetización para unha futura educación formal. Estímase que os beneficiarios indirectos alcancen a cifra de 20.000.

Ayudas: 

792.603,00 Euros-Orzamento total do proxecto: 1.209.560,19 Euros