Proyectos

PROPOSTA DE ACCIÓNS DE MELLORA E ANÁLISE ESTRATÉXICA DE CAPITAL INTELECTUAL PARA REDES DE COOPERACIÓN DO SECTOR MADEIREIRO DO DEPARTAMENTO OBERÁ, MISIONES - PROMOBE

(OX) SUMINISTRAR INSTRUMENTOS PARA A CREACIÓN DUNHA REDE DE COOPERACIÓN ENTRE EMPRESARIOS DA CADEA E AS INSTITUCIÓNS LOCAIS DE FORMA QUE SE POIDA MANTER UNHA MELLORA CONSTANTE NA COMPETITIVIDADE DA CADEA EMPRESARIAL DA MADEIRA NO DEPARTAMENTO OBERÁ DA PROVINCIA DE MISIONES A TRAVÉS DA APLICACIÓN DUNHA METODOLOXÍA DE CADEAS EMPRESARIAIS, TOMANDO COMO ELEMENTO DIFERENCIADOR O ENFOQUE DE CAPITAL INTELECTUAL

(OE1)RECOLLER A OPINIÓN DE 100 EMPRESARIOS/AS DA INDUSTRIA DA MADEIRA E 100 PRODUTORES/AS FORESTAIS SOBRE A SITUACIÓN ESTRATÉXICA DO SECTOR E OS PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE ENCONTRAN SOBRE A SITUACIÓN

(OE2) ELABORAR UNHA DIAGNOSE ESTRATÉXICA DO SECTOR QUE PERMITIRÁ COÑECER AS FORTALEZAS, AS DEBILIDADES E  AMEAZAS E DARLLO A COÑECER ENTRE OS/AS EMPRESARIOS/AS, INVESTIGADORES/AS E AXENTES SOCIAIS DA ZONA  PARA CONCIENCIALOS/AS DA NECESIDADE DE CONSTITUIR REDES DE COOPERACIÓN

(OE3) IDENTIFICAR E PRIORIZAR CONXUNTAMENTE CON EMPRESARIOS/AS, INVESTIGADORES/AS E AXENTES SOCIAIS DA ZONA O LISTADO DE FACTORES CRÍTICOS DO SECTOR DA MADEIRA

(OE4) INVENTARIAR OS RECURSOS  E CAPACIDADES DA ZONA

(OE5) ELABORAR EIXES ESTRATÉXICOS, ESTRATEXIAS E ACCIÓNS DE MELLORA COA PARITCIPACIÓN DE EMPRESARIOS/AS, INVESTIGADORES/AS E AXENTES SOCIAIS DA XONA

(OE6) PUBLICAR UN LIBRO QUE RECOLLA A ANÁLISE ESTRATÉXICA E A SÚA DIVULGACIÓN ENTRE OS ACTORES LOCAIS

(OE7) DICTAR 4 CURSOS DE FORMACIÓN PARA EMPRESARIOS/AS, INVESTIGADORES/AS E AXENTES SOCIAIS

(OE8) CREAR UNHA REDE LOCAL DE COOPERACIÓN

(A1) ELABORACIÓN DUNHA PREDIAGNOSE ESTRATÉXICA A PARTIRES DE FONTES SECUNDARIAS

(A2) CURSOS DE FORMACIÓN A INVESTIGADORES/AS SOBRE MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN EN CADEAS EMPRESARIAIS

(A3) RECOLLER INFORMACIÓN PRIMARIA SOBRE A SITUACIÓN ESTRATÉXICA DA CADEA NA ZONA

(A4) ANÁLISE DE MERCADO INTERNACIONAL DA MADEIRA, CON ESPECIAL REFERNCIA A GALICIA

(A5) PROCESAMENTO DA INFORMACIÓN RECOLLIDA DURANTE O RELEVAMENTO

(A6) CURSOS DE FORMACIÓN PARA EMPRESARIOS, INVESTIGADORES E AXENTES SOCIAIS

(A7) ANÁLISE DOS RESULTADOS CON ELABORACIÓN DAFO E IDENTIFICACIÓN DOS FACTORES CRÍTICOS

(A8) ANÁLISE DE CAPITAL INTELECTUAL DAS CAPACIDADES E COMPETENCIAS DOS RECURSOS EMPRESARIAIS DA ZONA

(A9)PREPARACIÓN DE MESAS CON EMPRESARIOS, INVESTIGADORES E AXENTES LOCAIS PARA CONTRASTAR E PRIORIZAR FACTORES CRÍTICOS E ACCIÓNS DE MELLORA

(A10) REUNIÓNS COS EMPRESARIOS, INVESTIGADORES E AXENTES LOCAIS PARA PRIORIZAR OS FACTORES CRÍTICOS

(A11)ELABORACIÓN DE EIXOS ESTRATÉXICOS, ESTRATEXIAS E ACCIÓNS DE MELLORA

(A12) CURSOS DE FORMACIÓN PARA EMPRESARIOS, INVESTIGADORES E AXENTES SOCIAIS

(A13) REUNIÓNS CON EMPRESARIOS PARA PRIORIZAR AS ACCIÓNS DE MELLORA

(A14) REDACCIÓN DO INFORME FINAL

(A15) PUBLICACIÓN E DIFUSIÓN DO LIBRO

BENEFICIARIOS/AS: INVESTIGADORES/AS, EMPRESARIOS/AS E AXENTES SOCIAIS (359 PERSOAS)

Año: 
2005
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Proyectos en el exterior otros agentes
Región: 
América del Sur
País: 
ARGENTINA
Agentes: 
UNIVERSIDAD DE VIGO
Código CRS: 
31220 - Desarrollo forestal
Ayudas: 

36.100.00 €