Proyectos

PROXECTO DE SENSIBILIZACIÓN DE CONSUMO RESPONSABLE EN-CADEADAS OU QUEN PRODUCE O QUE CONSUMIMOS?

Incidir nos hábitos de consumo da sociedade galega, procurando unha maior conciencianción dos diferentes tipos de consumo responsable que engloban tanto comercio xusto como comercio local

Año: 
2008
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre los problemas relacionados con el desarrollo
Objetivos: 

Informar á sociedade galega e concretamente á comunidade educativa, sobre as condicións e regras do comercio internacional como un dos factores causais que contribúen a crear e manter as desigualdades Norte-Sur.Achegar á sociedade galega alternativas de Consumo Responsable e Comercio Xusto como xeitos de actuación contrapostos ó sistema  establecido e como mellora das condicións de vida a nivel global e individual.Informar á sociedade galega sobre as políticas de inversión das grandes multinacionais e fomentar a participación nas campañas de presión política sobre empresas para que cumpran e melloren os seus Códigos de Conducta e Responsabilidade Social Corporativa.

Resultados y actividades: 

-Programa as Marcas que deixan as Marcas de divulgación e sensibilización sobre consumo responsable: Aumentar e mellorar o material educativo propio. Obradoiros, dinámicas ou proxeccións en centros educativos Elaborar folletos explicativos sobre as actividades e unidades didácticas. Establecer alianzas con outras organizacións relacionadas coa solidariedade-Plano de difusión e divulgación sobre consumo responsable: Charlas, debates ou proxeccións de audiovisuais tanto nos Centros de Recursos de Amarante como en locais de Centros Socias, Centros de ensino, etc. Obradoiros de recuperación de roupa usada. Participación en Mercadiños de Troco, nos que se fomenta o intercambio de obxectos usados, en diferentes localidades galegas, colaborando con entidades como Verdegaia ou Cooperativa de Consumo Consciente Árbore. Cursos de Cociña con produtos de Comercio Xusto e ecolóxicos en colaboración con cooperativas de Consumo Consciente. Mantemento da páxina web www.comercioxusto.com-Difusión e divulgación de exposicións de Comercio Xusto e Consumo Responsable: “10 anos de Comercio Xusto en Galicia” de Amarante. “Consume ata Morrer” de Ecoloxistas en Acción-Amarante. “Os Fíos Soltos da Moda” da Campaña Roupa Limpa-Amarante. “Os Bancos pasan Factura” da Federación Setem  (nova creación). “Ecuador Hoxe” de Entrepobos-Amarante.-IX Semana Galega de Comercio Xusto-Seminario sobre o Impacto do Cambio Climático no Sur-Participación en espazos de debate sobre o soncumo responsable: Xornadas e conferencias sobre as diversas temáticas no eido da solidariedade, dando cabida a outras organizacións, como por exemplo ás diferentes Cooperativas de Consumo Consciente. Foros e convencións relacionados coas temáticas solidarias referidas. Ponencias en Cursos e Másters. Afianzar a participación de Amarante no Máster de Cooperación Internacional da Universidade de Santiago e cursos análogos que impulsan as Universidades de A Coruña e Vigo. Colaborar e participar nas actividades doutras entidades de solidariedade.-Xornadas e conferencias sobre as diversas temáticas no eido da solidariedade, dando cabida a outras organizacións, como por exemplo ás diferentes Cooperativas de Consumo Consciente. Foros e convencións relacionados coas temáticas solidarias referidas. Ponencias en Cursos e Másters. Afianzar a participación de Amarante no Máster de Cooperación Internacional da Universidade de Santiago e cursos análogos que impulsan as Universidades de A Coruña e Vigo. Colaborar e participar nas actividades doutras entidades de solidariedade.-II Xornadas En-Cadeadas-Xoga Limpo 2008-Sensibilización sobre Banca Ética: Charlas, coloquios ou debates sobre ás diferentes formas de finanzas éticas (bancos como Triodos, asociacións como Fiare ou cooperativas como Coop57), en diferentes cidades e vilas galegas. Denuncia de inversións socialmente irresponsables por parte da banca convencional a través da páxina web www.finanzaseticas.org. Impulso de unha entidade de financiamento con criterios de banca ética en Galicia en colaboración con outras organizacións que traballen na área de economía solidaria

Población beneficiaria: 

Todas aquelas persoas que se acheguen ás convocatorias das diferentes actividades, as que teñan realición directa co mundo do téxtil e todas aquelas con ineterese en outras formas de banca. É por isto que consideramos que o público obxectivo vai dende as persoas de menor idade (entre 12 e 18 anos) posibles receptoras das actividades en centros escolares, persoas xóvenes (entre 20 e 35 anos) interesadas en obradoiros ou charlas e persoas de idade media (de 35 a 50 anos) como usarias de banca ou traballadoras do téxtilIndirectamente o resto da cidadanía que aínda que non acuda directamente ás diferentes actividades recibirá a información a través dos medios de comunicación ou indirectamente das persoas que sí participen connosco en primeira persoa

Ayudas: 

16000