Proyectos

PROXECTO PARA A PROTECCIÓN DA INFANCIA E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA E A EXPLOTACIÓN INFANTIL EN CASAMANCE (SENEGAL)

Mellorar as condicións de vida da poboación de Casamance, especialmente as dos grupos máis vulnerables, nenas, nenos e mulleres.

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convenio
Región: 
África
País: 
SENEGAL
Zona de actuación: 
Kolda (rexión)
Ziguinchor (rexión)
Agentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF- Senegal

Código CRS: 
15162 - Derechos humanos
15220 - Construcción de la paz y prevención y solución de conflictos
Objetivos: 

Tamén se pretende concienciar e sensibilizar á poboación en cultura de paz, prevención e xestión de conflitos, en relación coa reintegración da poboación refuxiada e problemas ocasionadas pola ocupación da  terra e que a poboación adquira amplos coñecementos sobre Dereitos Humanos e Dereitos da Infancia de cara a garantir a protección da poboación máis vulnerable. En especial de todos aquelas nenas e nenos vítimas de explotación infantil

Resultados y actividades: 

- Fortalecer as capacidades de 600 líderes relixiosos tradicionais e locais, a través da formación para mellorar a xestión dos conflitos relacionados coa propiedade da terra, o estrés causado pola situación de inseguridade que crea a presenza de minas antipersoa e armas lixeiras. Tamén se impartirá formación co fin de sensibilizar a estes líderes en canto aos dereitos humanos, dereitos da infancia e Convención de Dereitos da Infancia, co fin de evitar as peores prácticas de explotación infantil como a mutilación xenital feminina, ou tráfico infantil
- Apoio aos Plans de Acción das Unidades de Reconciliación Comunitaria. Para poder garantir a sostebilidade dos logros do período anterior, é necesario continuar dando soporte ás 15 unidades comunitarias de reconciliación, que tiveron influencia en máis de 20.000 persoas da rexión
- Fortalecer as capacidades de 600 profesoras e profesores das 100 escolas da rexión, a través da celebración de 6 xornadas de formación
- Realizar unha campaña de sensibilización e mobilización a través dos medios de comunicación locais, fundamentalmente programas de radio de 45 minutos
- Sensiblizar á poboación a través da elaboración de materiais para facilitar a transición á paz, a xestión do estrés e a prevención de accidentes con minas antipersoa ou armas lixeiras
- Elaboración e distribución de 10.000 folletos de sensibilización en francés e linguas locais
- Celebración de 40 reunións de información/interacción a nivel comunitario para contribuir á sensibilización e mobilización da poboación
- Edición e difusión de materiais de información, comunicación e sensibilización para a promoción dos Dereitos da Infancia
- Apoio a asociacións locais, grupos de traballo en rede, e resto de iniciativas locais para a integración

Población beneficiaria: 

Directa: 600 xefas e xefes relixiosos locais e  líderes relixiosos; 600 profesoras e profesores pertencentes a 100 escolas da rexión; 10.000 persoas  das comunidades de Ziguinchor e Colda
Indirecta: Poboación receptora de calquera das campañas realizadas polo programa. Familias das 100 escolas da rexión

Ayudas: 

220000