PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
Achegar ao público universitario e á sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construción dun mundo máis xusto.
Sensibilizar aos estudantes e á sociedade en xeral da realidade dos países do sur e a importancia da cooperación para o desenvolvemento.
1. Ciclo de conferencias de introdución á cooperación ao desenvolvemento. Dende o ano 2000 se ven organizando, en colaboración coa ONGD Enxeñería sen Fronteiras, un ciclo de conferencias sobre a temática da Cooperación ao Desenvolvemento. Nestas conferencias percórrense diversos aspectos da cooperación da man de diversos axentes implicados neste eido. A forza desta actividade reside en grande parte no traballo baseado na metodoloxía da educación para o desenvolvemento, que emprega dinámicas, relatos en primeira persoa de experiencias nos países do sur e vídeo-forums, entre outros. As conferencias realízanse semanalmente, todos os martes, de 18h a 21h, na Aula 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños do Campus de Elviña, en A Coruña. Comezan en febreiro e finalizan no mes de maio. As sesión son abertas a todo o público interesado.2. Convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (PCR). Trátase dunha iniciativa na que o alumnado da Universidade da Coruña ten a posibilidade de desprazarse a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estancia de cooperación, e que o traballo que desenvolva sexa validado como proxecto de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Ademais disto, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumno beneficiario, como para a sociedade en xeral, xa que, tralo regreso da estancia realízanse charlas para dar a coñecer o aprendido á comunidade universitaria. Preténdese formar a estudantes como profesionais no seu ámbito de estudo, e darlles unha aplicación práctica aos seus coñecementos para lograr o desenvolvemento nos países do Sur, ademais de sensibilizar a sociedade xeral ao seu retorno. Este ano financiaranse catro proxectos para posibilitar que sexan máis estudantes os que teñan a posibilidade de vivir esta experiencia formativa e de sensibilización.3. Convocatoria de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Fondo 0,7%. Por segundo ano consecutivo, convocarase o concurso de proxectos de investigación en cooperación ao desenvolvemento “Fondo 0,7% Universidade da Coruña”, con varios obxectivos:-Consolidar o compromiso solidario da Universidade da Coruña, impulsando actuacións investigadoras e de promoción, para a formación de cidadáns e cidadás conscientes das desigualdades e con capacidade para debater sobre solucións que tendan á consecución dunha sociedade máis xusta.-Fortalecemento institucional da Universidade da Coruña, abrindo esta II Convocatoria aos distintos membros e colectivos da Universidades, implicándoos nesta proposta.-Incremento da formación en cooperación ao desenvolvemento, a través dos proxectos de investigación financiados que se executen na propia Universidade da Coruña, e como consecuencia, incidir na necesaria sensibilización social da comunidade universitaria cos colectivos máis desfavorecidos do sur e cos grupos excluídos nas sociedades do Norte.
Poboación beneficiaria directa: Mozos e mozas universitarios/as, profesionais interesados/as no tema, profesores/as investigadores/as da universidade.Poboación beneficiaria indirecta: Público xeral.
40.000,00 Euros