SENSIBILIZACIÓN ESPECÍFICA SOBERANÍA ALIMENTARIA
Conseguir un cambio social en Galicia a favor da Soberanía alimentaria dos Pobos como novo paradigma para a loita contra o pobreza
Difundir en Galicia a problemática das consecuencias que o actual modelo de consumo agroalimentario está a xerar nos países do Sur e do Norte dende unha perspectiva social, ecolóxica i económica, especialmente entre o tecido social relacionado coa cooperación e a producción, comercialización e consumo de alimentos
-Publicación e difusión ó público xeral dos estudios sobre SA e CR mediante publicación dun libro-Xornadas “Modelos de Produción: Agroindustria vs Soberanía Aloimentaria”-Faránse un mínimo de 6 charlas sobre as implicacións no Sur e no Norte do Modelo agroindustrial e alternativas dentro da S.A., orientadas a colectivos de pescadoras e pescadores artesanais, pequenas e pequenos productores rurais, cooperativas de consumidoras e consumidores, etc. En varias delas participará a Representante da CONAMUCA que falará especialmente do enfoque de xénero no traballo en S.A.
Difusión Xeral libro: destinada a homes e mulleres de toda Galicia con rangos de idade entre 18 a 60 anos, un total de 712.419 persoas (334.154 mulleres e 378.265 homes)Xornadas Modelos productivos: Agroindustria vs A.A.: universitarias e universitarios das tres universidades galegas con carreiras relacionadas co mundo da empresa (Ciencias empresariais, ADE, Económicas, e coa producción de alimentos: Bioloxía, veterinaria, Enxeñeiría técnica agrícola, Enxeñeiros agrónomos, Tecnoloxía dos alimentos,..). Por Campus universitarios as cifras serían: A Coruña: 3.276; Vigo: 3889; Ourense: 1.636; Santiago: 3.450; Lugo: 1.830 (58% de mulleres e un 42% de homes)
19830