O pleno do Comité das Rexións (CdR) aprobou onte un ditame elaborado por Galicia sobre un novo Consenso Europeo sobre Desenvolvemento. O ditame recolle nun innovador enfoque de cooperación ao desenvolvemento, que actualiza e revitaliza o Consenso de Desenvolvemento comunitario, adaptándoo ao novo contexto internacional e aos compromisos que se derivan da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable. O Consenso, que foi adoptado en 2005, está a ser revisado para reflectir eses obxectivos, acordados por Nacións Unidas en 2015.