Otras noticias

  • 26/06/2007
    Outras novas

    Como cada verao, numerosas cidades do estado español acollen edicións de festivais de músicas con diferentes ritmos e cores. Asiste a unha destas citas para coñecer a esencia das culturas. Neste ano os festivais de músicas do mundo medran o número e oferta. Entre a súa variedde consolídase a destiñada a músicas tradicionais e dos máis diversos currunchos do planeta.

  • 25/06/2007
    Outras novas

    O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) ven de asinar un acordo de colaboración coa Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA). O obxectivo primordial da colaboración é o de dar a coñecer á sociedade galega a situación que se vive nos 59 campos da poboación refuxiada nos que a UNRWA está presente, así como recadar fondos que permitan o mantemento dos servizos que prestan á poboación refuxiada.

  • 25/06/2007
    Outras novas

    Galeano válese da palabra, Eneko das súas viñetas e os bloggers das súas reflexións para loitar contra as violacións dos dereitos humanos e as desigualdades que sofren no seu día a día. 

  • 19/06/2007
    Outras novas

    A Fundación Lealtad presenta a Guía 2007 da Transparencia e as Boas Prácticas das ONG, na que avaliaron a 117 organizacións. Lealtad aproveitou a presentación do informe, que retrata o sector das ONG, para reclamar ao goberno a creación dun rexistro central accesible ao público a través de internet, onde se recolla a información financeira e de xestión das organizacións non gobernamentais, especialmente aquelas que reciban fondos do Estado, para promover a súa transparencia nas súas prácticas.

  • 19/06/2007
    Outras novas

    Teñen nomes e apelidos e historias de desarraigo e superación que non se coñecen porque non saen nos medios de comunicación. En total, en todo o planeta hai case dez millóns de persoas refuxiadas e preto de 25 millóns de persoas viven en condición de desprazadas a causa de conflitos armados, inseguridade nos seus países ou por presións por pertencer a minorías. Organizar un teatro para nenas e nenos palestinianos, visitar escolas do Brasil para explicar contos africanos, axudar a buscar un fogar para as novas desprazadas e desprazados en Sri Landa... iniciativas a favor da poboación refuxiada.

  • 19/06/2007
    Outras novas

    A Axencia da ONU para a poboación Refuxiada (ACNUR), no seu  informe "Tendencias mundiais 2006", dado a coñecer hoxe, revela que o número de persoas refuxiadas baixo o mandato da axencia medrou un 14% o pasado ano, acadando case os 10 millóns. o nível máis alto dende 2002. En 2006, o maior grupo da poboación refuxiada baixo o mandato da ACNUR seguiu sendo a afgana (2,1 millóns), seguido pola iraquí (1,5 millóns), sudanesa (686.000), somalí (460.000) e da República Democrática do Congo e Burundi (sobre 400.000). As estatísticas da ACNUR no inclúe a uns 4,3 millóns de persoas refuxiadas palestinianas en Jordania, Siria e os Territorios Palestinos Ocupados.

  • 19/06/2007
    Outras novas

    A degradación do ecosistema a consecuencia do proceso de desertificación e escaseza de auga está presente nun 35% da superficie dos continenetes. Estes son os datos que ofrece Nacións Unidas, que advirte que a desertificacion afecta directamente a máis de 200 millóns de persoas. O Estado Español é o país máis árido da Unión Europea e un tercio da súa superficie considérase desértica, segundo as Nacións Unidas.

  • 13/06/2007
    Outras novas

    Si todo segue igual como ata o de agora, os Obxectivos do Milenio cumpriranse en todo o mundo, pero cen anos depois do previsto. Social Watch di que a falta de vontade estanca o desenvolvemento e que algúns países incluso retroceden. Para facer esta afirmación Social Watch baséase no seu Índice de Capacidades Básicas, un informe que analizou a realidade de 161 países en cuestións como o acceso á educación e a saúde a nível nacional e local, a supervivencia das persoas menores de idade e a porcentaxe de partos atendidos por persoal especializado.

  • 12/06/2007
    Outras novas

    O compromiso sobre cambio climático aadado no cumio celebrado na cidade alemana de Heiligendamm polas xefaturas do Estado e de Goberno dos sete países máis industrializados do mundo e Rusia non convenceron a organizacións e movementos sociais, tanto no tocante á axuda a África como á loita contra o cambio climático e  pola súa "falta de datos e cifras concretas".

  • 12/06/2007
    Outras novas

    O Consello de Ministros da Unión Europea decide estes días si legaliza ou non a proposta de que os produtos ecolóxicos admitan a presenza de Organismos Xeneticamente Modificados (OGM) sen necesidade de que as consumidoras e consumidores poidan informarse a través do etiquetado. Nestes momentos, a lexislación europea prohíbe a presenza de transxénicos na agricultura ecolóxica.