O día 16 de abril de 1995 a mafia tapiceira de Pakistán asesina a Iqbal Masih, neno de 12 anos, escravo do traballo tapiceiro. Destacou pola súa loita internacional contra a existencia de 400 millóns de nenas e nenos escravos e pagouna coa súa vida. Como militante do Frente de Liberación do Traballo Forzado, durante a súa vida asociada chegou a pechar varias empresas nas que as persoas que alí traballaban eran nenas e nenos escravos. Nenas e nenos que son explotados con xornadas de máis de 12 horas diarias.
O día 16 de abril, en conmemoración da morte de Iqbal Masih, declarouse como Día internacional contra a Escravitude Infantil