Do 6 ao 17 de setembro visita Galicia Sebastián Cuba, líder indíxena campesiño que participará nun programa formativo que lle levará a percorrer explotacións galegas en Lalín, Fene, As Pontes, Valga, Frades, Rodeiro, A Gudiña, Verín e A Mezquita
Pasar á acción para evitar a desertificación. É a idea que máis se oe na reunión que a ONU celebra en Madrid para evitar a degradación do solo fértil. A urbanización e o consumo de auga insostenibles, son as causas no Estado Español
O Goberno de Navarra e a Dirección Rexional de Navarra da Caixa Laboral convocan o VII Premio Internacional "Navarra" á Solidariedade, có obxectivo de concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a importancia do traballo voluntario e solidario, en favor dos sectores sociais máis desfavorecidos dos países e pobos empobrecidos
Os países asinantes do Protocolo de Kioto deben frear as emisións da CO2. Os países industrializados comprométense a rebaixar as súas emisións entre o 25 e o 40% nos próximos 13 anos. ONG ecoloxistas piden un calendario de actuacións
O día 31 de agosto, celébrase o D&ÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE, declarado polas Nacións Unidas para reflexionar arredor da necesidade de exercer o compromiso coas demais persoas, especialmente coas máis desfavorecidas e inxustamente emprobrecidas como forma fundamental para resolver os problemas da inxustiza, a iniquidade e o desequilibrio a escalas planetarias
Este ano, a IX Convocatoria de Cooperación ao Desenvolvemento, dotada cun importe de 275.000 €, está dirixida a apoiar actuacións de ONGDs mediante tres lliñas de intervención: Microfinanciación, Codesenvolvemento e Comercio Xusto
Os brotes de violencia e a escalada de inseguridade agravan a situación de crise e emerxencia que castiga á poboación destas rexións do centro de África
O Goberno da India enfrentábase á farmacéutica, que presentou unha demanda contra a Lei de Patentes do país. A Xustiza deu a razón á India e a súa loita xudicial por garantir o acceso a medicamentos
Cooperantes e ONG denuncian a falta de alimentos, a desorganización na xestion da crise, a tardía chegada das axudas internacionais e o medre da inseguridade que se vive no país