CAMPAÑA EDUCATIVA POLA DIGNIFICACIÓN DOS DEREITOS LABORAIS
Promover actitudes comprometidas cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores de países do Sur
Informar e formar á xoves de toda Galicia acerca da realidade dos países en vías de desenvolvemento e os Obxectivos do Milenio, prestando especial atención á situación laboral dos países empobrecidos e a importancia desta nos procesos de desenvolvemento.Sensibilizar á poboación galega sobre a situación laboral de milleiros de persoas no Sur.
-Selección e formación do monitoraxe-Desenvolvemento dos obradoiros-Edición do periódico realizado polo alumnado participante na campaña-Distribución do xornal elaborado polas rapazas e rapaces,
Realizaranse actividades en 20 centros educativos, en total está previsto facer alomenos 40 obradoiros, polo que calculamos que unha media de 30 alumnas e alumnos participarán por obradoiro, o que da un total de 1200 alumnas e alumnos beneficiarios directos da acción.Indirectamente 15.500 persoas terán acceso aos contidos da campaña
27115