Proxectos

CAMPAÑA EDUCATIVA POLA DIGNIFICACIÓN DOS DEREITOS LABORAIS

Promover actitudes comprometidas cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores de países do Sur

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Informar e formar á xoves de toda Galicia acerca da realidade dos países en vías de desenvolvemento e  os Obxectivos do Milenio, prestando especial atención á situación laboral dos países empobrecidos e a importancia desta nos procesos de desenvolvemento.Sensibilizar á poboación galega sobre a situación laboral de milleiros de persoas no Sur.

Resultados e actividades: 

-Selección e formación do monitoraxe-Desenvolvemento dos obradoiros-Edición do periódico realizado polo alumnado participante na campaña-Distribución do xornal elaborado polas rapazas e rapaces,

Poboación beneficiaria: 

Realizaranse actividades en 20 centros educativos, en total está previsto facer alomenos 40 obradoiros, polo que calculamos que unha media de 30 alumnas e alumnos participarán por obradoiro, o que da un total de 1200  alumnas e alumnos beneficiarios directos da acción.Indirectamente 15.500 persoas terán acceso aos contidos da campaña

Axudas: 

27115