FORMACIÓN, PARTICIPACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DE MOZOS/AS, UNIVERSITARIOS/AS GALEGOS/AS EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
Beneficiarios
Asistentes ao curso de formación: 15 mozos e mozas galegos. Asistentes ás actividades de sensibilización.
Obxectivos
- Promover o compromiso das sociedades do Norte cos países do Sur
- Formar recursos humanos en cooperación ao desenvolvemento, mellorando a calidade da súa formación específica, formando aos universitarios galegos en identificación, formulación e seguimento de proxectos
- Sensibilizar, implicar e buscar un maior compromiso da sociedade galega en xeral, e en especial da xuventude coa situación dos países do sur, coas relacións Norte-Sur e co papel da muller nas súas comunidades
Accións
1. Realización do curso de formación. 15 participantes
2. Realización dun periodo de prácticas dos participantes do curso
3. Difusión da proxección de 3 filmes en ao menos tres cidades galegas.
15.000 EUROS