Proxectos

FORMACIÓN, PARTICIPACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DE MOZOS/AS, UNIVERSITARIOS/AS GALEGOS/AS EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

Beneficiarios

Asistentes  ao curso de formación: 15 mozos e mozas galegos. Asistentes ás actividades de sensibilización.

Obxectivos

- Promover o compromiso das sociedades do Norte cos países do Sur

 - Formar recursos humanos en cooperación ao desenvolvemento, mellorando a calidade da súa formación específica, formando aos universitarios galegos en identificación, formulación e seguimento de proxectos

  - Sensibilizar, implicar e buscar un maior compromiso da sociedade galega en xeral, e en especial da xuventude coa situación dos países do sur, coas relacións  Norte-Sur e co papel da muller nas súas comunidades

Accións

1. Realización do curso de formación. 15 participantes
2. Realización dun periodo de prácticas dos participantes do curso
3. Difusión da proxección de 3 filmes en ao menos tres cidades galegas.

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Axudas: 

15.000 EUROS