Proyectos

GALICIA CON VISTAS AO SUR

Beneficiarios 

Comunidade educativa e poboación interesada en temas de desenvolvemento e cooperación

Obxectivos

- Sensibilizar a sociedade galega nas realidades dos pobos máis desfavorecidos, potenciando unha ética asentada en valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas incidindo en cuestións relativas ao ecodesenvolvemento  e consumo responsable.

- Outro dos obxectivos é achegar a realidade dos países do Sur a poboación galega para profundizar nas relacións Norte Sur e no coñecemento  da situación actual  destes países acrecentando as relacións fraternas entre os pobos e promovendo a formación e participación social  da cidadanías nas accións de cooperación para o desenvolvemento.

Accións:

 1.Actividades de divulgación e sensibilización sobre desenvolvemento autosostible  e cooperación ao desenvolvemento  mediante a creación  de espazos de debate.
2.Ciclos formativos dos grupos de activistas dos campos de solidariedade do Sur
3. Campos de solidariedade do Sur. Preparación da viaxe dun mes.
4. Divulgación da realidade do Sur polos participantes dos campos de solidariedade
5. Visitas dos líderes do Sur. Organización de Xornadas e Ciclos con achegas de dirixentes do Sur (xornadas e ciclos formativos)

Año: 
2006
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Ayudas: 

5.200 euros