GALICIA CON VISTAS AO SUR
Beneficiarios
Comunidade educativa e poboación interesada en temas de desenvolvemento e cooperación
Obxectivos
- Sensibilizar a sociedade galega nas realidades dos pobos máis desfavorecidos, potenciando unha ética asentada en valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas incidindo en cuestións relativas ao ecodesenvolvemento e consumo responsable.
- Outro dos obxectivos é achegar a realidade dos países do Sur a poboación galega para profundizar nas relacións Norte Sur e no coñecemento da situación actual destes países acrecentando as relacións fraternas entre os pobos e promovendo a formación e participación social da cidadanías nas accións de cooperación para o desenvolvemento.
Accións:
1.Actividades de divulgación e sensibilización sobre desenvolvemento autosostible e cooperación ao desenvolvemento mediante a creación de espazos de debate.
2.Ciclos formativos dos grupos de activistas dos campos de solidariedade do Sur
3. Campos de solidariedade do Sur. Preparación da viaxe dun mes.
4. Divulgación da realidade do Sur polos participantes dos campos de solidariedade
5. Visitas dos líderes do Sur. Organización de Xornadas e Ciclos con achegas de dirixentes do Sur (xornadas e ciclos formativos)
5.200 euros