Proxectos

REHABILITACIÓN DAS CONDICIÓNS SANITARIAS, ALIMENTARIAS E DE HABITABILIDADE DAS COMUNIDADES RURAIS DAMNIFICADAS POLA TORMENTA TROPICAL STAN (GUATEMALA)

OBXECTIVOS

 Contribuir á rehabilitación das condicións de vida das poboacións damnificadas pola tormenta tropical Stan nas rexións centro, sur e occidental de Guatemala, atendendo á reconstrución económica, social e sanitaria  das súas comunidades.
Tamén pretende mellorar as condicións alimentarias, sanitarias e de habitabilidade da poboación afectada polo Stan mediante a rehabilitación da atención primaria en saúde e as condicións básicas de saneamento ambiental, a reactivación produtiva, agrícola e pecuaria e a construción de seis vivendas saudables en 6 municipios.

BENEFICIARIOS

Directos: 31.600 damnificados
Indirectos: o total da poboación dos seis municipios, en total 128.830

ACCIÓNS

- Construción de 50 vivendas saudables
- Construción de infraestruturas sanitarias de atención primaria
- Campaña de desparasitación de 3.000 nenas e nenos
- Instalación de 80 cociñas melloradas
- Creación de 360 vertedoiros
- Construción de 300 letrinas
- Iniciar a produción de hortalizas en seis mazás de terreo
- Equipación de 4 clínicas de programas comunitarios de saúde
- Equipación de catro farmacias de programas comunitarios de saúde
 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Guatemala (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Código CRS: 
12110 - Política sanitaria e xestión administrativa
Axudas: 

139.907,64 EUROS