Proyectos
-
COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA A TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA NO CULTIVO DE MERO GUASA (Epinephelus itajara)) E MOLUSCOS BIVALVOS
Dar resposta nun ano aos vacíos de información sobre a factibilidade técnica e biolóxica sobre os cultivos experimentais de mero e moluscos no PNNCRSB e a súa área de influencia na bahía de Císpata
-
DESENVOLVEMENTO RURAL NA CONCA DO CHIPILLICO
Mejorar a calidade de vida da poboación da subconca Chipillico, mediante a obtención de maiores ingresos como resultado dunha oferta competitiva, froito do uso de tecnoloxías adecuadas para o melloramento da produción de gando, derivados con valor engadido e acceso á auga de rego
-
REDE LATINOAMERICANA DE CAPACITACIÓN LÁCTEA
Contribuir ao desenvolvemento da industria láctea latinoamericana e ao consecuente fotalecemento do sector mediante a capacitación dos seus recursos humanos
-
AXUDA DE EMERXENCIA ÁS PERSOAS DAMNIFICADAS POLO TERREMOTO DE PERÚ (2007)
Adquisición de 247 tendas de campaña que teñen como destino a provincia de Ica, unha das máis afectadas polo terremoto
-
APOIO Á CONSTRUCIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO HOSPITAL ESCOLA DE POLANA CANIÇO E A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE ATENCIÓN INTEGRAL A PACIENTES COA SIDA E DO PROGRAMA DE FORMACIÓN PERSOAL SANITARIO
Mellorar o nível da saúde da poboación.
-
FORTALECEMENTO DE GRUPOS LOCAIS PARA O APROVEITAMENTO SOSTIBLE DO RECURSO PESQUEIRO E A VALORACIÓN E RESTAURACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS DA ILLA DE OMETEPE
Aumentar a valoración dos recursos pesqueiros e impulsar os procesos organizativos para a súa conservación e aproveitamento sostible.
-
CURSO SOBRE POLÍTICAS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
Análise dos distintos axentes e políticas de Cooperación ao Desenvolvemento
-
EXECUCIÓN DE ACCIÓNS A PROL DA MELLORA DAS CONDICIÓNS DO ABASTECEMENTO DE AUGA NO BARRIO PONTE D´AUGA, CIDADE DA PRAIA E CONTRIBUIR AO REFORZAMENTO DAS MULLERES CABOVERDIANAS NAS LISTAS PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Mellorar o abastecemento de auga potable das familias máis carenciadas, de xeito que permita que cada membro agregado familiar teña acceso ao límite mínimo de 20 litros de auga por día.Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Aumentar nun 30% a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 con vista a ampliar o exercicio da cidadanía e da participación das mulleres -
EQUIPAMENTO DA ESCOLA OBRADOIRO
Contribuír a mellorar o nivel formativo para a inserción laboral na rexión de I´daoussemlal na provincia de Tiznit. A formación impartirase na Escola Obradoiro creada no proxecto número PR803C 2005/3-0
-
CONSTRUCIÓN E EQUIPAMENTO DA AMPLIACIÓN DA ESCOLA CORUÑA II, SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN, EN THONGOR - YOFF
Fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do barrio de Thongor, vila de Yoff, así como o empoderamento das mulleres como axentes activas e positivas do desenvolvemento comunitario.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- seguinte ›
- última »