Proxectos

  • Apoio ao Programa Vacacións en Paz

    Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos, nacidos no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o pobo saharauí.

  • Gobernanza participativa a través dunha cultura de prevención da violencia de xénero e xestión de lixo desde o Concello de Santo Domingo (República Dominicana)

    O proxecto pretende reforzar a boa gobernanza municipal do Concello do Distrito Nacional a través da concienciación sobre a xestión do lixo e plásticos e, a prevención da violencia de xénero, de maneira máis concreta no barrio de La Ciénaga deste Concello. O presente proxecto, construíuse de forma participativa entre os socios locais e a Dirección de Planificación e Desenvolvemento Comunitario do Concello, permitindo analizar e priorizar as principais necesidades e liñas de traballo de dita instancia.

  • GALICIA ABRIGA: Programa Galego de acollida temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos (II Edición)

    A pesar do recoñecemento internacional do labor das persoas defensoras de dereitos humanos, a defensa dos DDHH segue sendo unha actividade de alto risco en moitas partes do mundo. E éo especialmente para as mulleres defensoras de dereitos humanos, que afrontan os mesmos riscos ca os homes que defenden dereitos humanos, pero que, ademais, deben facer fronte aos riscos vinculados a seren mulleres, polas fortes normas e tradicións socioculturais machistas e pola violencia contra as mulleres exercida en todos os lugares do mundo.

  • O municipalismo, km 0 da cooperación

    O proxecto nace da experiencia acumulada do Fondo Galego, coa intención de promover unha maior participación, coordinación, eficacia, eficiencia, impacto e visibilización da cooperación municipalista realizada desde Galicia.

  • Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde ou ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil dá Xunta de Galicia, a través dá posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse ou desastre ou crise humanitaria ou ante a intensificación dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortaldade entre vos/as damnificados/as.

  • Resposta humanitaria para a poboación afectada polo Furacán Melissa: Xamaica e Cuba

    Este proxecto de resposta ante desastres proporcionará kits humanitarios e materiais esenciais, así como o despregamento de persoal especializado para reforzar, en coordinación coa FICR, a capacidade de resposta das Sociedades Nacionais da Cruz Vermella de Xamaica (JRC) e Cuba (CRC) fronte á poboación afectada.

  • Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para a promoción da cooperación galega, a defensa dos dereitos humanos e o fortalecemento e representación das ONGD galegas, particularmente das máis pequenas

    O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego da cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer as ONGD galegas, particularmente as máis débiles, e para defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o avance da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.

  • Mulleres, acuicultura e reforzo institucional para o desenvolvemento sostible da economía azul na rexión Mar de Piura, Perú

    O presente proxecto ten como obxectivo principal contribuír ao incremento da sustentabilidade das cadeas de valor vinculadas ao sector pesqueiro e acuícola na rexión de Piura, mediante o fortalecemento produtivo de iniciativas empresariais situadas na Baía de Sechura e o reforzo dos mecanismos de gobernanza operativos na rexión de Piura.

  • Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique

    O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.750 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios.

  • Promoción do dereito á protección da infancia e da igualdade de xénero, na Provincia de Gaza (Mozambique), Fase I

    Este proxecto é a primeira fase dun programa de longo alcance, que ten como obxectivo principal eliminar o matrimonio infantil, precoz e forzado e a violencia de xénero. Para iso crea e fortalece unha rede comunitaria comprometida coa erradicación desta práctica, fortalécense capacidades, inclúense sesións de masculinidade positiva dirixidas a nenos e adolescentes, introdúcense grupos de aforro comunitario para reducir a vulnerabilidade económica, mobilízase a comunidades e titulares de responsabilidades.