Proyectos
-
APOIO ÁS ACTIVIDADES DE PROCESAMENTO DA PESCA ARTESANAL NA ILLA DE SAN CRISTOBAL E ELABORACIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE PARA A PROVINCIA DE GALÁPAGOS (ECUADOR)
OBXECTIVOS
-Manter a integridade ecolóxica e a biodiversidade do Parque Nacional Galápagos mediante unha xestión sostible dos recursos pesqueiros e das actividades desenvolvidas nas áreas urbanas, co que a cidadanía (especialmente os pescadores artesanais) ven mellorada a súa calidade de vida
-Xestionar os recursos pesqueiros dun xeito ambientalmente sostible e económicamente rendible por parte dos pescadores artesanais da illa de San Cristóbal
-
ACCIÓNS DE FORMACIÓN, DIAGNOSE E EQUIPAMENTO DE EQUIPOS DE VIXILANCIA E INSPECCIÓN PESQUEIRA
OBXECTIVOS
- Propiciar vínculos de cooperación e apoio entre rexións en materia de pesca e acuicultura co fin de influir positivamente no desenvolvemento do sector
- Favorecer a conservación e manipulación de recursos pesqueiros mediante a aplicación de accións de inspección e vixilancia pesqueira en cada un dos países participantes: Cabo Verde, Guinea Bissau e San Tomé e Príncipe
ACCIÓNS
-
PROXECTO PARA A PRESERVACIÓN DO BOSQUE SECO CHIQUITANO (BOLIVIA)
OBXECTIVOS
- Promover o desenvolvemento das poboacións locais a través do aproveitamento sostible do bosque na rexión chiquitana
-Garantir un maior reservorio local da biodiversidade dos bosques baixo un aproveitamento legal e sostible
-Consolidar os eslabóns máis avanzados da cadea de valor agregado da madeira
ACCIÓNS
-
FORTALECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO ARTESANAL E ELABORACIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE NA PROVINCIA DE MANABÍ
OBXECTIVO: Acadar o fortalecemento das institucións e da gobernabilidade local, creando mecanismos estables para a promoción do tecido económico
ACCIÓNS: - Diagnóstico de necesidades de capacitación e asistencia técnica das Organizacións Priorizadas do Sector da Pesca Artesanal
-Elaboración e execución do Programa de Extensión Pesqueira co fin de reforzar as Cooperativas Pesqueiras Artesanais da Provincia mediante a asistencia técnica e a formación “in situ"
-
PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DOS TERRITORIOS DOS RÍOS CHANCHÁN E CHIMBO
OBXECTIVOS: Fortalecemento da organización da cooperación para o desenvolvemento dos territorios das cuncas dos ríos Chanchán e Chimbo mediante a prestación de apoio e asistencia técnica para a consolidación da Corporación e o seu equipo mediante o aprendizaxe da metodoloxía Leader.
-
AXUDA HUMANITARIA PARA A RECONSTRUCIÓN DE MERZOUGA (MARRUECOS)
OBXECTIVOS: Restablecer as condicións mínimas de habitabilidade na poboación de Merzouga e colaborar no fomento e desenvolvemento do pobo para que este recupere a súa actividade diaria.
-
ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO CONGRESO MUNDIAL DE MULLERES DA VÍA CAMPESINA
OBXECTIVO: Realización das accións de coordinación e apoio loxístico necesarias para a celebración do “Congreso Mundial de Mulleres de Vía Campesina. Labregas Sementando a Igualdade. O congreso celebrarase os días 18,19,20 e 21 de outubro de 2006 en Santiago de Compostela, estando prevista a participación de labregas da India, Corea, Guatemala, Honduras, Nicaragua, México, Vietnam, Colombia, Chile ou Mozambique.
-
FORTALECEMENTO DO PROGRAMA DE ATENCIÓN PARA NENAS E MOZAS EN SITUACIÓN DE ALTO RISCO DO BARRIO CALIGHAT, CALCUTA (INDIA)
OBXECTIVOS: Fortalecer o traballo que desenvolve a contraparte, New Light, no Barrio Roxo de Calcuta (Calighat). Para isto mercarase o inmoble que actualmente teñen alugado e que funciona como fogar de acollida para nenas rescatadas da prostitución.
Preténdese contribuir á redución da pobreza e a mellorar a calidade na cobertura das necesidades sociais básicas das nenas en situación de alto risco neste barrio de Calcuta. -
FORMACIÓN TÉCNICA E OCUPACIONAL DE MOZOS DE ESCASOS RECURSOS NOS DEPARTAMENTOS DE CHINANDEGA E MANAGUA (NICARAGUA)
OBXECTIVOS:- Mellorar a oferta e calidade educativa en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer coa introdución da formación ocupacional, técnica e tecnolóxica para facilitar a posterior inserción laboral dos alumnos.
- Ampliar a cobertura educativa coa construción, acondicionamento e equipamento de espazos educativos nos catro colexios de Fe y Alegría en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer, para o acceso das nenas e nenos a unha edcucación integral. -
PRIMEIRA FASE DA CONSTRUCIÓN DA CASA DOS OFICIOS "A CORUÑA" EN YOFF - THONGOR (SENEGAL)
OBXECTIVO:Fixación das poboacións xuvenís nos seus lugares de orixen por medio da formación – inserción sociolaboral. Dar resposta ás demandas de formación plantexadas polas cooperativas e empresas locais
ACCIÓNS: - Construción da Casa dos Oficios que contará con catro aulas taller, unha bibilioteca estudio, un aula informática, un dispensario e unha sala de profesorado
- Dotación de mobiliario, máquinas e ferramentas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- …
- seguinte ›
- última »