Continúan as actividades da segunda edición de ‘O mundo que queremos’, o proxecto de educación para o desenvolvemento co que se pretende promover a reflexión do alumnado galego sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais, utilizando a comunicación (radio, fotografía e teatro) como medio para sensibilizar e transformar.