Iniciase a segunda parte do proxecto Trocando Peles II; un proxecto de sensibilización sobre xénero e migracións promovido por ACSUR Galiza e financiado pola Xunta de Galiza, que pretende fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria.
Curso teórico-práctico sobre integración da sostenibilidade ambiental na cooperación. Organizado por Amigos da terra. O devandito curso terá lugar os días 14, 15 e 20 de abril. Se estades interesados/as, lembrade facer a inscrición tendo en conta que a data límite é o vindeiro 9 de abril.
Regúlanse nas presentes bases as subvencións para a realización de intervencións en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento con cargo a Programas presupostarios de Axuda Oficial ao Desenvolvemento incluídos nos presupostos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), sometidas aos principios de publicidade e concorrencia.
pretende ser o primeiro dos encontros anuais de referencia que en Galicia afronten toda a problemática que nos ocupa, no triple nivel de análise habitual en EAPN: europeo, estatal e galego.
Os rapaces e rapazas de 8 a 12 anos (ambas idades incluídas) de 16 concellos de Galicia terán a oportunidade de participar nunha xornada de convivencia nun verdadeiro campamento maia.
Maio, 2011.- Entreculturas- A Coruña-.
Os próximos días 3, 5 e 10 de maio, o Centro Fonseca da Coruña acollerá o undécimo ciclo de conferencias organizado por Entreculturas.
SANTIAGO, República Dominicana.- Foi inaugurado o Centro de Servizos do "Ecoparque Rafey", cuxo principal obxectivo é mellorar substancialmente as condicións de traballo de centos de recicladores e recicladoras de desperdicios do vertedoiro Rafey, ao norte da cidade.
Publicouse a convocatoria 2010-2011 do III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento "Vicente Ferrer" para centros docentes sostidos con fondos públicos (públicos e concertados).