Noticias de Cooperación Galega

  • 07/05/2008
    Xeral
    • A axuda será canalizada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior a través de Cruz Vermella
    • Esta iniciativa compleméntase co envío dun kit sanitario que, a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, permitirá asistir a 10.000 persoas durante tres meses
    • O Goberno galego é o único executivo autonómico que aporta medicamentos, que se unirán aos que envíe a Axencia Española de Cooperación Internacional
    • Trátase do ciclón máis importante en Asia dende 1991
  • 06/05/2008
    Xeral

     A Xornada analizou en profundidade a Diagnose Estratéxica e Participativa do Comercio Xusto en Galicia realizada por Cooperación Galega a finais do 2007 Os relatores definiron ao Comercio Xusto coma unha ferramenta esencial de desenvolvemento dos pobos do Sur

  • 05/05/2008
    Xeral

     A Xunta de Galicia adxudica 4,1 millóns de euros a 28 ONGD e Outros Axentes de Cooperación para o desenvolvemento dos pobos de 15 países de África e América Latina A dirección xeral de Cooperación Exterior, resolve asemade as convocatorias para proxectos de sensibilización da sociedade civil galega na loita contra a pobreza, así coma de fortalecemento das ONG que traballan no desenvolvemento, con preto de 600.000 €

  • 01/05/2008
    Xeral
    • O consumo responsable medrou na comunidade autónoma un 403% entre os anos 2000 e 2005, dende 265.000 a 1,3 millóns de euros.
    • Esta xornada aínda ten aberto o prazo de inscrición.
  • 27/04/2008
    Xeral

     A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, enmarca as xornadas no obxectivo de promover os investimentos e o consumo responsable na sociedade galega A ONGD AMARANTE, membro de SETEM leva anos traballando na implantación e difusión do Comercio Xusto e a Banca Ética

  • 22/04/2008
    Xeral

      Escolares de oito centros galegos reclamaron hoxe na Praza da Quintana: “Superemos a exclusión ¡Calidade na educación!”

     A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e o Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinaron o compromiso de destinar, coma mínimo, o 8% dos orzamentos a promover a educación no Sur. De feito, a Xunta de Galicia xa investiu un 11,5% neste obxectivo no ano 2007

  • 20/04/2008
    Xeral
    • Desde 2001 a comunidade senegalesa residente en Galicia está a medrar, ao mesmo tempo que Senegal é un país prioritario para o Plan Director 2006-2009 da Cooperación Galega
    •  O  Codesenvolvemento  é  un  xeito  de  vincular  de  forma  positiva      migracións   e   desenvolvemento,   sendo   os   migrantes   vectores     fundamentais  do  proceso  tanto  nas sociedades de orixe coma nas de      acollida
  • 14/04/2008
    Xeral

    • A sensibilización da cidadanía galega é un obxectivo estratéxico da Cooperación Galega, xa que difundir a situación dos países en desenvolvemento é imprescindible na loita contra a pobreza e para incentivar a participación solidaria

     

  • 13/04/2008
    Xeral

     A Xunta, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, financia a creación deste Instituto  a traveso da Organización de Estados Americanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura

     O apoio á educación infantil e aos dereitos da infancia, a educación en valores, a alfabetización e a formación do profesorado, son os obxectivos deste Instituto para o Desenvolvemento

     No programa colaborarán ademais, a Consellería de Educación e o Ministerio de Educación arxentino

  • 10/04/2008
    Xeral

    • A loita contra o cambio climático centra o Informe Anual de Desenvolvemento Humano da ONU• A primeira tradución ao galego do documento pretende achegar á poboación unha ferramenta clave de análise e traballo para a cooperación