Estratexia COVID-19

Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega.

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia iniciou a mediados de novembro o proceso participativo de elaboración dunha estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega complementaria do IV Plan director da cooperación galega (2018-2021) e que estará vixente durante a situación de pandemia.

Nesta sección atoparase información sobre o proceso, o seu cronograma e fases e a documentación que se vai xerando durante o mesmo.