O capítulo II do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento regula o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, no que poderán inscribirse os axentes de cooperación recoñecidos no artigo 23 da Lei 3/2003, do 19 de xuño.
Para os efectos desta lei considéranse axentes de cooperación os seguintes:
- A Administración autonómica e as entidades locais recoñecidas pola Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, así como as institucións que as integren ou as organizacións que as representen.
- Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
- Universidades.
- Empresas e organizacións empresariais.
- Sindicatos.
- As comunidades galegas no exterior.
- Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.
No Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento regúlanse tres procedementos distintos: inscrición, modificación e cancelación.
As solicitudes de inscrición/modificación/cancelación deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
- Procedemento de inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento
- Procedemento de modificación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento
- Procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento