Documento marco de avaliación da Cooperación Galega

Co obxecto de fortalecer o sistema de avaliación na Cooperación Galega, elaborouse un Documento Marco de Avaliación,  co que se pretende organizar e orientar os diferentes tipos de avaliación que se desenvolven dentro da Cooperación Galega, promovendo a súa complementariedade, o seu enfoque cara á utilidade e a reflexión, facilitando a toma de decisións baseadas en evidencias co propósito de aprender e mellorar.