Avaliación de proxectos

O III Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento 2014-2017 establece entre os seus obxectivos incrementar o grao de transparencia e de rendición de contas da cooperación galega.

Unha das formas que prevé o Plan para acadar este obxectivo é a mellora da actividade avaliadora.

A avaliación é necesaria por dous motivos: en primeiro lugar, porque é un elemento imprescindible para que a política de axuda teña progresivamente unha maior calidade e capacidade de impacto; e en segundo lugar, porque a política de cooperación lévase a cabo con fondos públicos, e é exixible polo tanto un exercicio de rendición de contas.

Nesta sección podemos atopar as avaliacións externas incluídas no Plan de avaliacións, instrumento que permite planificar anualmente a actividade avaliadora, dotándoa de continuidade e previsibilidad.