Estudos
-
16/04/2018
A implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible na Xunta de Galicia
Este estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixido polo profesor José Antonio Alonso, trata de explorar o enfoque e os procedementos a través dos cales se pode adoptar e adaptar a Axenda dos ODS ao ámbito das competencias propias da Xunta de Galicia, así como identificar as implicacións que se derivarían dese proceso en termos de mecanismos institucionais para o seguimento desta axenda.
-
04/12/2017
Ditame do CdR sobre o Novo Consenso Europeo sobre Desenvolvemento
Ditame do Comité Europeo das Rexións (CdR) sobre o Novo Consenso Europeo sobre Desenvolvemento: "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"
-
30/12/2016
Informe resultado do proceso de elaboración da estratexia de Educación para o Desenvolvemento da Cooperación Galega
-
20/06/2016
Coñecemento e actitudes dos cidadáns galegos cara á Política de Cooperación e Axuda para o Desenvolvemento
Este estudo foi realizado por un equipo da Universidade de Santiago de Compostela a demanda da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia. Con el preténdese dar unha primeira resposta á necesidade, percibida tanto polas autoridades autonómicas como polo conxunto dos actores implicados nas políticas de cooperación e axuda para o desenvolvemento, de dispor de información sobre a opinión e actitude que ten a cidadanía galega acerca de diversos aspectos daquelas políticas, das súas liñas orientadoras e da actuación dos diferentes axentes involucrados nelas.
-
30/03/2016
Análise de percepcións sobre o papel das empresas galegas no desenvolvemento dos países e comunidades socias
O estudo, previsto no III Plan Director da Cooperación Galega, realizouse no marco dun proceso de promoción da participación do sector empresarial galego como axente de desenvolvemento, en prol do interese común do desenvolvemento sostible, económico e social dos países e comunidades socias.
-
30/05/2013
Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento financiadas pola Xunta de Galicia no período 2010-2012
O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE propúxose abir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de fortalecemento e ED aprobados no ano 2012.
-
30/09/2010
Rexistro de cooperantes galegos no exterior. Informe
Infome elaborado polo Instituto de Estudos Sociais e Internacionais, IESI para a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea co obxectivo de ter uns datos fiables e actualizados sobre o conxunto de expatriadas/os galegas/os que desenvolven o seu traballo en países en vías de desenvolvemento.