Partindo dos compromisos adquiridos formalmente pola cooperación galega no seu V Plan director de cara a avanzar na implementación dos mesmos, en busca ademais da coherencia e complementariedade coa política española de cooperación definiuse, a través dun proceso participativo co sector, unha folla de ruta que centre a estratexia ou posibles estratexias a seguir, para unha adecuada incorporación e implementación do enfoque feminista no sector galego de cooperación, dun xeito progresivo tendo en conta a diversidade e diferente momento evolutivo dos distintos axentes de cooperación.