Outras novas
27/01/2009
Outras novas

Innovando en TIC para o Desenvolvemento Humano

COOPERACIÓN 2.0 é un espazo para o encontro internacional, a reflexión e a sensibilización acerca da necesidade de impulsar, fomentar e adaptar o uso das TIC nas políticas, programas e proxectos para o desenvolvemento.

Na súa primeira edición, pretendeuse marcar unha liña de referencia nacional e internacional en materia de TIC e Cooperación ao Desenvolvemento en rede.

O Encontro facilitou o intercambio de experiencias entre os distintos axentes implicados na cooperación ao desenvolvemento para alcanzar un maior coñecemento sobre as aplicacións das TIC como parte da innovación na Cooperación, proporcionando visibilidade ás acciones que xa se están a realizar.

Esta segunda edición dará continuidade ao debate, centrándose na temática de   "Innovación".  COOPERACIÓN 2.0 promove o encontro de todos os actores da cooperación e o desenvolvemento tales como:- organismos públicos que desenvolvan políticas e/ou programas de cooperación ao desenvolvemento. - entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, ONGD). - empresas involucradas en promover o desenvolvemento, por exemplo a traveso de iniciativas RSC. - fundacións e obra social de entidades financeiras con accións de cooperación. - universidades e institutos de investigación. - redes de cooperación e voluntariado. 

Fonte: Agencia Asturiana de Cooperación e Desarrollo

Máis información: