A Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) neta dos 22 países membros do Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD), da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), incrementouse en 2008 un 10,2% alcanzando un total de 119.8 millóns de dólares. Un fito histórico segundo a OCDE.
Así o asegura o informe Development Aid at its highest level ever in 2008 emitido pola OCDE o dous de abril, que sitúa a España como sétimo doador internacional, en relación ao volume da axuda, dentro do grupo de países integrantes do CAD.
Por outro lado, o informe destaca a España, xunto a, Grecia, Reino Unido e Portugal, como un dos países que máis incrementou a súa Axuda Oficial ao Desenvolvemento en 2008, un 19,4% "reflectindo o incremento da súa axuda bilateral, especialmente destinada a África, e o incremento de contribucións a institucións multilaterais".
Así, o noso país, achegou en 2008 un 0,43% do seu RNB a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, o que se traduce nuns 4.880 millóns de euros, achegados polos diferentes actores da Cooperación Oficial Española para o Desenvolvemento, entre os que se encontran, non só o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), senón tamén outros Ministerios, Comunidades Autónomas, entidades locais, universidades, etc.
É un compromiso do actual Goberno que a AOD española alcance en 2012 o 0,7% do RNB, unha meta que situará a poboación española como unha das máis solidarias xunto a Dinamarca, Luxemburgo, Holanda, Noruega e Suecia, que xa cumpren con esa porcentaxe de axuda sobre a súa renda total.
Fonte: AECID