A plataforma REDES-VIGO, composta por distintas ONGD locais da zona de Vigo (Cáritas, Cáritas Cooperación Internacional, Ecovide, Entreculturas, Fundación Lusekelo-Alegría, Mans Unidas, ONG Proxecto HUMI, Proclade, así como outras asociacións e parroquias) está a desenvolver unha campaña de sensibilización sobre África baixo o título “Cuestión de vida, cuestión debida" que se inicia no mes de novembro deste ano e por un período de tres anos.
O obxectivo desta campaña é dar a coñecer a situación económica, social e cultural de África e a súa repercusión actual mediante charlas informativas. É unha campaña de sensibilización dirixida sobre todo a colexios, institucións, parroquias, e extensiva a toda a sociedade. Ao longo destes tres anos incidirase sobre todo nos dereitos sociais básicos: auga e saneamento (1º ano), saúde (2º ano) e educación (3º ano). Para iso contan cun material didáctico de traballo e sensibilización (fichas, libros e CD explicativo) que se complementa cunha exposición itinerante de fotografías e carteis da realidade africana e cunha mostra da artesanía típica deste continente que estará a disposición de calquera centro escolar ou institución que así o solicite.
Este material didáctico pode descargarse en www.redes-ongd.org e www.africacuestiondevida.org/
Presentación da campaña: mércores 11 de novembro ás 20 horas no Museo Verbum – Casa das Palabras (Avda. de Samil, 17 – Vigo)