Outras novas
10/11/2009
Outras novas

Solidariedade Internacional: Irene visita o Sáhara

Este ano 2009 as nenas e os nenos galegos visitarán da man de Irene os campamentos de refuxiados saharauís. A través de lendas e contos populares do Sahara, Irene levará as cativas e cativos galegos por unha viaxe onde dará a coñecer a situación da poboación refuxiada saharauí.
CONTOS DO MUNDO quere fomentar a interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais. A través de lendas populares saharauís fomentaranse valores como a tolerancia, o respecto á diversidade, e o enriquecemento mutuo que proporcionan as diferentes culturas.
Para completar a visión sobre como está a vivir o pobo saharauí, varias persoas que en outubro do 2008 viaxaron aos campamentos de refuxiados, formaron un grupo para sensibilizar sobre a situación nos campamentos de refuxiados a través de diferentes iniciativas como a creación dunha exposición fotográfica explicando esta realidade.
Esta exposición está formada por 20 fotografías de cartón-pluma que reflicte a realidade do pobo saharauí a través da experiencia e a convivencia nos campamentos das voluntarias e voluntarios de Solidariedade Internacional de Galicia.
As destinatarias e destinatarios para este proxecto educativo son os escolares do 1º ciclo de primaria e poboación en xeral.
As actividades que se levarán a cabo para acadar os obxectivos serán:
• Funcións de monicreques en distintas comarcas da provincia da Coruña e Pontevedra. A campaña desenvolverase a partir do mes de novembro de 2009.
• Exposición fotográfica itinerante que estará presente en lugares públicos de comarcas da provincia da Coruña e do concello de Pontevedra.
• Edición do libro de contos de Irene no Sahara.
Financiado pola Deputación da Coruña e o Concello de Pontevedra