Outras novas
24/05/2012
Outras novas

Agareso e Amarante presentan mañá en Narón unha exposición e un documental sobre o comercio xusto en Ecuador

Mañá venres 25 de maio ás 19h na sala multiusos da biblioteca do Concello de Narón se presentará o documental “Pequenas Doses de Supervivencia”, que amosa o traballo de diversas cooperativas de cana de azucre, cacao e cítricos en Ecuador. Antes da proxección Agareso e Amarante darán unha charla para presentar o proxecto e tras visionar o documental abrirase un coloquio. Tamén poderase visitar a exposición fotográfica ‘Os rostros do comercio xusto’