Proxectos

APOIO A FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS AFRICANOS/AS E LATINOAMERICANOS/AS EN ECONOMÍA PESQUEIRA

OBXECTIVO: Apoiar a ampliación da formación en materia pesqueira de titulados universitarios e profesionais africanos e latinoamericanos tendo como principal obxectivo a súa incorporación no ámbito académico ou profesional nos seus países de orixe.

ACCIÓNS: - Realización do programa de apoio á formación de especialistas africanos e latinoamericanos en economía pesqueira dende os meses de outubro de 2006 ata xuño de 2007.
Por medio do convenio  financiaranse as actividades  destinadas acubrir os gastos de viaxe a Santiago de Compostela, matrícula do Curso de Posgrao en Economía Pesqueira, manutención, aloxamento e seguro de accidentes. 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Axudas: 

40.000 EUROS