AMPLIACIÓN DA CAPACIDADE TÉCNICA E DOCENTE DO HOSPITAL POLANA CANIÇO (MOZAMBIQUE)
OBXECTIVO: Ampliación da capacidade docente e clínica do Centro de Saúde de Polana Caniço, especialmente do proxecto de formación que se ven levando a cabo dende fai nove anos neste centro de saúde
ACCIÓNS: - Construción dun hospital que poida ofrecer todos os coidados hospitalarios á poboación da área (estimada en 400.000 habitantes), ampliando a capacidade de atención do Centro de Saúde
- Ampliación do Programa de Formación de Médicos :
- Formación de médicos xerais
- Formación de médicos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, segundo un programa elaborado por técnicos do proxecto e aprobado polo Ministerio de Saúde
- Formación dos técnicos medios que compoñen o equipo clínico que traballa nas Unidades Sanitarias de nivel primario, colaborando coa formación práctica dos novos profesionais e realizando cursos de actualización dos xa antigos que se encontran traballando
96.900 EUROS