MÓDULOS FAMILIARES DE PRODUCIÓN E TRANSFORMACIÓN PECUARIA SOSTIBLE – 2º ANO
OBXECTIVOS
Contribuir a reartellar unha economía sostible a partir da pequena unidade agropecuaria familiar nas comunidades El Maizal, Sabana Cruz, Boca dos Ríos e Gozuela. Ao finalizar o proxecto desenvolverase un modelo de produción, transformación e comercialización pecuaria familiar baixo criterios de sustentabilidade económica, social e ambiental
BENEFICIARIOS
· Directos: 186 persoas (socias e socios das cooperativas)
· Indirectos: 930 membros das unidades familiares
ACCIÓNS
· Obradoiros para establecer e acordar criterios de selección das persoas beneficiadas
· Visitas de inspección ás fincas das familias solicitantes
· Obradoiros coas familias seleccionadas
· Elaboración de plans de capacitacións
· Realización de enquisas sobre etnoveterinaria
· Construción de locais: centro de corte de carne, tenda alimentos e menciñas veterinarias
139.342,77 euros