ANÁLISE DE VIABILIDADE DUN CENTRO DE REFERENCIA DE INDUSTRIAS LÁCTEAS PARA AMÉRICA LATINA. URUGUAI
OBXECTIVOS
Contribuír ao desenvolvemento das pemes lácteas de Latinoamérica e ao fortalecemento do sector. Estudar as necesidades de formación e de I+D en América Latina. Analizar a viabilidade do establecemento dun centro de referencia que cubra as necesidades de I+D e asistencia técnica para a Industria Láctea Latinoamericana. Dimensionar a estrutura axeitada e os mediso humanos e económicos necesarios para o establecemento e mantemento temporal e espacial da estrutura de apoio ás pemes lácteas. Estudar as posibles vías de financiamento para a instalación e o mantemento do proxecto. Organizar unha xestión e unha difusión do proxecto adecuadas.
ACCIÓNS
- Enquisa a persoal técnico responsable de recursos humanos das empresas do setor sobre necesidades de formación existentes
- Enquisa a persoal experto cualificado
- Enquisa a centros de formación existentes na área
- Estudo das demandas e das necesidades non cubertas en servizos de asistencia técnica, de asesoría e de I+D das empresas lácteas latinoamericanas
- Realización de arios paneis, un por país ata un total de 3 nos que se analien os resultados obtridos xunto ás administracións nacionais, para definir e darlles prioridade ás vías/áreas de actuación
- Deseño e temporización do centro
- Estudo de financiamento
- Xestión do proxecto e difusión dos resultados
-
POBOACIÓN BENEFICIARIA
- Directa: A cadea agroindustrial láctea: produtores primarios, transportistas, distribuidores, produtores de equipas e insumos para a industria, consumidoras e consumidores
34.426,44 EUROS