CENTRO MIRAMAR, EDUCATIVO, CULTURAL E DE USOS MÚLTIPLES DO TRIÁNGULO, EN NACALA-PORTO. MOZAMBIQUE
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións educativas, culturais e asociativas da poboación de Nacala, facilitando a adecuada infraestrutura no barrio do Triángulo para que as nenas e nenos, xoves e persoas adultas poidan acceder a unha promoción cultural que permita mellorar significativamente a súa calidade de vida, saíndo da pobreza absoluta.
ACCIÓNS
- Traballo de análise da realidade social. Realización do proxecto de obra da escola Preparar a disponibilidade das ruínas e do terreo circundante
- Pechar o proceso da propiedade do terreo
- Construción valado e da nova planta do aulario
- Rehabilitación das ruínas
-Estudo do equipamento necesario para a escola
- Busca de posíbeis subministradores e presupostos axustados ás necesidades
- Elaboración do proxecto e aprobación
- Execución das accións indicadas anteriormente
POBOACIÓN BENEFICIARIA
- Directa: 31.600 persoas
- Indirecta: A poboación dos 6 municipios de intervención
139.000,00 EUROS