Proxectos

CULTIVO EXPERIMENTAL DE MEXILLON EN SENEGAL

Incrementar o rendemento do sector de explotación acuícola
Introducir en Senegal unha explotación de cultivo de mexillón

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
SENEGAL
Zona de actuación: 
Thiés (rexión)
Dakar (rexión)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Senevisa S.A. Sociedade Anónima

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Incrementar o rendemento do sector de explotación acuícola
Introducir en Senegal unha explotación de cultivo de mexillón 

Resultados e actividades: 

Establecer 4 puntos de cultivo iniciais.
Obter cría de mexillón das zonas de asentamento do mexillón salvaxe.
Instalar catro  long-lines nos puntos de cultivo iniciais.
Colocar colectores para obter  cría dos propios cultivos experimentais.
Establecer controis produtivos.
Valorar as posibilidades produtivas e comerciais do molusco
Desenvolver un sistema de procesado para a venda no mercado local e mercado internacional

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación local seleccionada para a súa formación, 12 operarias e operarios acuícolas, 1 técnica ou técnico de laboratorio, 2 persoas do sector de transformación, 2 comerciais, 2  persoas administrativas
Indirecta: Polo menos 135 familias e considerando a unidade familiar de 7 membros cada unha, o total de persoas que afectaría a actividade indicada sería de 945 persoas.

Axudas: 

171,751,00 €