Proxectos

FORTALECER A ÁREA DE COMERCIO XUSTO DE AMARANTE PARA CONSTRUÍR UN MODELO GALEGO DE COMERCIO CON XUSTIZA

Fortalecer a área de comercio xusto de Amarante cuantitativamente, pero fundamentalmente cualitativamente, mellorando a valoración dos seus programas e proxectos, a cualificación das súas activistas e a tecnificación dos seus mecanismos nas relacións comerciais

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Obxectivos: 

Deste xeito Amarante estará  a actuar como elemento dinamizador para a construción dun modelo de comercio xusto vertebrado e elaborado dende Galicia. Mellorar os programas de sensibilización e comercialización do comercio xusto, prestando especial atención aos programas dirixidos a implicar ao maior número de institucións e empresas no campo do comercio xusto. Consolidar a estrutura da área de comercio xusto de Amarante que permita ampliar a importación de produtos en favor das comunidades do Sur, e mellorar a distribución en beneficio das consumidoras e consumidores 

Resultados e actividades: 

-  Reforzar o traballo institucional por medio da regularización de entrevistas e contactos coas diversas administracións
-  Regularización do contacto coas empresas e da mellora da eficacia na xestión da área de comercialización de Comercio Xusto
-  Traballar na importación directa, por canto significa o achegamento de produtos directos do Sur a Galicia sen intermediarias ou intermediarios
-  Xestión diaria das tendas de Amarante hoxe existentes –Santiago, Pontevedra e Vigo– encamiñado ao seu asentamento estratéxico
-  Posta en marcha de iniciativas de comercialización de Comercio Xusto que, baseadas nunha expansión territorial aseguren unha cobertura estable a vilas medias
-   Accións de fortalecemento dos elementos de xestión administrativa e financieira da área de Comercio Xusto
-  Programas de formación e capacitación de activistas e persoal técnico de Comercio Xusto
-  Difusión informativa sobre comercio xusto en medios de comunicación gráficos, audiovisuais e en novas tecnoloxías

Axudas: 

25000