Proxectos

FORTALECEMENTO DA CAPACIDADE LOCAL PARA A EXECUCIÓN DE ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

Aumentar o impacto das accións de sensibilización e educación ao desenvolvemento  realizadas en Galicia pola Cruz Vermella

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
CRUZ VERMELLA
Obxectivos: 

Fortalecer a capacidade de Cruz Vermella Galicia para traballar dende e para o ámbito local en Galicia na área de educación ao desenvolvemento e sensibilización. Dar a coñecer áo voluntariado local o labor e liñas de acción de Cruz Vermella en Cooperación Internacional. Capacitar ao voluntariado involucrado e ao persoal contratado no proxecto na utilización de ferramentas concretas de sensibilización e educación para o desenvolvemento. Aumentar o número de voluntarias e voluntarios interesados en realizar actividades de sensibilización e educación ao desenvolvemento no ámbito local 

Resultados e actividades: 

-  Realización de charlas formativas introdutorias da área de sensibilización e educación ao desenvolvemento para voluntariado (directivos e non directivos) e persoal contratado
-  Envío de materiais a todos os comités e delegacións de Cruz Vermella en Galicia
-  Confección dunha dunha carteira de proxectos locais
-  Cursos de sensibilización e educación para o desenvolvemento
-  Actividades internas de sensibilización-formación para o voluntariado
-  Actividades de difusión local do papel do voluntariado na área de cooperación internacional
-  Reunión de ámbito galego da área de sensibilización e educación para o desenvolvemento
-  Reunións de coordinación, seguimento intermedio e avaliación final do proxecto
-  Elaboración e implementación do sistema de seguimento
-  Resumos e informes de coordinación autonómica

Axudas: 

16200