Proxectos

FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL DO SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Reforzar e consolidar  institucionalmente ao SGEP como axente estratéxico da cooperación ao desenvolvemento en Galicia,  impulsando e promovendo a participación social e cidadá nas accións que contribúan a un maior enriquecemento, en materia de educación e cooperación para o desenvolvemento, da sociedade galega na defensa dos Dereitos Humanos e a xustiza social con calidade e eficiencia

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Obxectivos: 

Mellorar a eficiencia do SGEP na xestión e planificación dos recursos, actividades e proxectos de cooperación e educación para o desenvolvemento.
Aumentar a presencia do SGEP no territorio galego principalmente no rural e ampliar significativamente o número de asociados o número de centros de ensino colaboradores o voluntariado e a capacidade de autofinanciamento do SGEP. Promocionar o Día dos Dereitos Humanos e o Día da Solidariedade Humana

Resultados e actividades: 

Realización de dous cursos de formación para o persoa contratado ou voluntario sobre a xestión de ONGDs e métodos de avaliación participativa e inclusión. Os cursos serán realizados en centros especializados de ensino para o Terceiro Sector e terán unha duración de entre 30 e 70 horas
- Semana da Solidariedade, que se celebrará con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro) e o Día Internacional da Solidariedade Humana (20 de decembro). Realizarase contando coa colaboración dun concello de ámbito rural, e organizaranse exposicións, conferencias...

Axudas: 

20000