Proxectos

PROXECTO DE CONCIENCIACIÓN DA SOCIEDADE GALEGA CARA A UN CONSUMO RESPONSABLE CONSUMO S.O.S.TIBLE

Sensibilizar á sociedade galega, expandindo os habitos de Consumo Responsable entre a poboación de xeito que se acade unha normalidade en canto á hora de consumir produción ética e sostible

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Obxectivos: 

Informar á sociedade galega, con énfase especial aos centros de ensino como impulsores dos valores dos futuros homes e mulleres galegas, sobre as condicións e regras do comercio internacional como un dos factores causais que contribúen a crear e manter as desigualdades Norte-Sur
Achegar á sociedade galega, por médio de médio de xornadas de debate e formativas, as alternativas do consumo responsable como xeitos de actuación contrapostos ó sistema establecido, facendo fincapé nas medidas a tomar por gobernos e multinacionais para diminuír as inxustizas xeradas por dito sistema  Incorporar as galegas e aos galegos ás campañas de presión politicas sobre empresas para que incorporen códigos de conducta en Responsabilidade Social Coorporativa e sobre  institucións para incorporen medidas conducentes á Compra Pública Ética

Resultados e actividades: 

-  Programa AS MARCAS QUE DEIXAN AS MARCAS de divulgación e sensibilización sobre Consumo Responsable.
-  Plano de difusión e divulgación sobre Consumo Responsable.
-  VIII Semana Galega de Comercio Xusto.
-  Seminario sobre Finanzas Eticas.
-  Creación de espazos de debate sobre os principais temas de educación para un  Consumo Responsable.
-  Campaña ROUPA LIMPA e impulso a RSC nas empresas.
-  Impulso a creación en Galicia dun Observatorio Galego de RSC
-  Creación da plataforma galega pola soberania alimentaria e contra os tranxénicos. 

Poboación beneficiaria: 

Todas as galegas e galegos.  3000 entidades varias.  Facendo fincapé en: O 80% dos centros educativos de Pontevedra e comarcaO 80% dos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca, O 60% dos centros educativos da área metropolitana  de VigoO 30% dos centros educativos das Comarcas das provincias de Pontevedra e A Coruña O 20% dos centros educativos de Ourense O 20% dos centros educativos de Lugo

Axudas: 

12.420.00 €