Proxectos

PROMOCIÓN DA SAÚDE E HIXIENE NO MARCO DO PROGRAMA DE SEGURIDADE DOS SERVIZOS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA NOS MUNICIPIOS E COMUNIDADES RURAIS LA LIBERTAD

Promoción da saúde e hixiene no marco do programa de seguridade dos servizos de saneamento e abastecemento de auga nos municipios e comunidades rurais de La Libertad

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
La Libertad (departamento)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

ACUA, ASOCIACIÓN DE EDUCACIÓN E COMUNICACIÓN LA CUCULMECA

Código CRS: 
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Reducir a vulnerabilidade económica, social e ambiental da poboación rural nos municipios do departamento de La Libertad, o seu desenvolvemento e medre sostido, a fin de mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.
Garantir un entorno hídrico salubre para as poboacións das comunidades seleccionadas

Resultados e actividades: 

-Talleres de fortalecemento do Comité de Auga e a involucración do mesmo na campaña de capacitacións
- Talleres para promover a asistencia da poboación a eventos como os organizados o día mundial da auga e a organización de novos eventos de carácter de reivindicación do dereito a auga
- Capacitacións básicas en saúde e hixiene propiamente ditas
- Edición de material didáctico de saúde e hixiene
- Acondicionamento dos sistemas sanitarios
- Capacitacións avanzadas en hábitos hixiénicos
- Talleres específicos en escolas
- Talleres ambientais
- Traballos de protección do Río Comasagua
- Edición de material didáctico medioambiental

Poboación beneficiaria: 

- 5.303 persoas. As principais beneficiarias son as mulleres e as nenas, xa que son elas as que se encargan da tarefa de ir buscar auga

Axudas: 

88.399 EUROS