MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA DAS COMUNIDADES RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE SAN SALVADOR E LA LIBERTAD. FASE II. O SALVADOR
Mellorar a calidade educativa das comunidades rurais dos departamentos de San Salvador e La Libertad.
UCRES, Oficina Rexional de CRIPDES
Mellorar a estrutura educativa de 15 comunidades rurais dos Municipios de Aguilares e El Paisnal (San Salvador) e San Pablo Tacachico (La Libertad), O Salvador, a través do fortalecemento das capacidades pedagóxico-organizativas da comunidade educativa e a ampliación da cobertura nos seus centros escolares.
-Implementación dunha persoa diplomada en técnicas pedagóxicas con 20 docentes
-Contratación de servizos pedagóxicos especializados
-Elaboración da curricula para a diplomatura
-Impartición de 15 sesións formativas
-Realización dun foro rexional no marco da educación non sexista
-Organización de 2 xornadas lúdicas cos 15 centros escolares.
-Celebración de 12 sesións de traballo do equipo rexional de educación e dunha asemblea rexional ampliada de mestras e mestres
-Realización dunha reunión semestral interregional de seguimento a propostas conxuntas
-Realización de 5 escolas de formación comunitaria con nais e pais familia e15 asembleas educativas, a nivel comunitario
-Organización dun foro cultural intercomunitario
-Reunións organizativas cos centros escolares e a Alcaldía
-Construción das dúas aulas
-Diagnóstico e dotación das necesidades de materiais nos centros escolares atendidos
e CBIs
-Participación en 12 reunións de coordinación coa concertación educativa (CEES)
-Elaboración dun plan estratéxico e operativo por parte da área de Educación de UCRES
-Coordinar e supervisar a execución do proxecto
Directa: 2.725 persoas. As nenas e nenos que compón a poboación estudantil das 15 Centros Escolares e 6 Centros de Benestar Infantil do proxecto (2.503 en total, das que 1390 son nenas e 1.113 son nenos). Beneficiaranse directamente das melloras nas infraestruturas, o equipamentos e materiais das súas escolas e CBI, así como as súas nais e pais (150), mestras e mestres (72).
Indirecta: As 15 comunidades rurais dos municipios de Aguilares e El Paisnal (San Salvador) e San Pablo Tacachico (La Libertad). Trátase dunha poboación de 8.971 persoas (4.665 mulleres e 4.306 homes)
106417